SETACO
Descripción
SETACO nace para ofrecer unha solución alternativa ao revestimento dos asentos dentro da industria da automoción. Nace coa intención de substituír cunha solución máis ecolóxica e económica os revestimentos de coiro animal. Grazas a un sinxelo proceso que converte o micelio dos fungos en coiro vexetal.
SETACO pretende contribuír a que o automóbil sexa fabricado de maneira máis respectuosa co medioambiente, reducindo as emisións de CO2, baixando o consumo de auga e evitando utilización de materiais sintéticos que utiliza compostos do petróleo.