INCUBADORA HIGH TECH AUTO

A Incubadora High Tech Auto de Galicia é un proxecto que está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020 no marco do programa «Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes» da Fundación Incyde.

É unha iniciativa promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Unha incubadora de empresas proporciona un espazo ou ambiente físico no que os emprendedores poden desenvolver as súas iniciativas empresariais e acceder a ferramentas, recursos, contactos, capacitacións e relacións que necesitan para crecer e desenvolver a súa capacidade de xestión no mercado local, nacional e internacional; catapultando iniciativas mediante a xeración dunha nova perspectiva e actitude empresarial, vista desde o punto de vista da innovación.

A incubadora HIGH TECH AUTO de Galicia especializada no sector da automoción supón unha oportunidade para favorecer a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial do sector de automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria da automoción a través de vehículos de transferencia de tecnoloxía. Ten como obxectivo favorecer a pre-incubación, incubación e post-incubación de ideas e proxectos tecnolóxicos en fase semente ou incipiente coa idea de validalas e transferilas ao mercado do sector da automocióncon a idea de validar idéalas/tecnoloxías para posteriormente construír un modelo de negocio de innovador ao redor dela.

¿QUÉ BUSCAMOS?

O programa está aberto a todas aquelas iniciativas emprendedoras de carácter innovador vinculadas co sector de automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria da automoción, xa sexa en produto/servizo, en procesos e/ou no modelo de negocio, ou tecnoloxías.

¿QUÉ OFRECEMOS?

TALLERES DE FOMENTO DA INNOVACIÓN
Establécese un conxunto de talleres que reforzarán os
proxectos seleccionados permitiendo o santo de “IDEA” a
“PROXECTO EMPRESARIAL”
TALLERES DE FOMENTO DA INNOVACIÓN
PROGRAMA DE INTERNACIONALIZACIÓN
Desenvolvemento dun programa para a operación tecnolóxica internacional e a internacionalización dos emprendedores e as empresas micropymes incubadas.
PROGRAMA DE INTERNACIONALIZACIÓN
ACCESO A FINANCIAMENTO
Apoio de diferentes entidades de financiamento, fondos de inversión e empresas de capital riesgo que buscarán apoiar financieramente e mediante inversión directa as empresas incubadas.
ACCESO A FINANCIAMENTO
PROGRAMAS NETWORKING
Para favorecer o networking dos proxectos, a incubadora promove un ambicioso programa orientado a establecer contactos entre os distintos Stakeholders asociados aos mesmos.
PROGRAMAS NETWORKING
ACCESO AOS ESPAZOS FÍSICOS DA INCUBADORA
Espazo de incubación compartido (coworking), salas individuais, laboratorio de fabricación e servizos digixitais e tecnolóxicos da automoción.
ACCESO AOS ESPAZOS FÍSICOS DA INCUBADORA
FORMACIÓN E MENTORIZACIÓN
A Incubadora de Alta Tecnoloxía do Sector da Automoción conta con programas formativos e de mentorización dirixidos a favorecer a preincubación, incubación e a consolidación dos proxectos incubados.
FORMACIÓN E MENTORIZACIÓN
LABORATORIO DE FABRICACIÓN
Para promover e facilitar a transferencia tecnolóxica, que aglutinará equipamento tecnolóxico e dixital destiando para validar productos e servizos dos proxectos incubados, ou madurar e adaptar o desenvolvemento dos mesmos hacia empresas do sector da automoción e auxiliares.
LABORATORIO DE FABRICACIÓN
12 MESES

12 MESES

De incubación prorrogables a outros 12 meses

GRATIS

GRATIS

Presenta o teu Proxecto e participa de forma totalmente gratuita

CALENDARIO

Calendario