Reto "Pitch en aberto" e Taller "Crea o teu primeiro pitch elevator"

O vindeiro mércores 12 de 16:00 a 19:00 realizaremos un taller en liña aberto para ver e aprender como se fai un elevator pitch, poderás coñecer aos proxectos que participan na incubadora e a outros emprendedores que teñen interese en participar na 2ª Edición de HTA.
Programa:
16:00 - 17:00: Reto Pitch en aberto
Os incubados da I Edición de HTA e outros emprendedores realizarán un Pitch no que explicarán a súa idea a un xurado experto do que recibirán feedback.
17:00 - 19:00: Taller Crea o teu primeiro Pitch Elevator
Realizaremos un taller aberto para todos os rexistrados ao evento no que expertos no campo como Antonio Casal ensinaranche como crear o teu primeiro Pitch Elevator.
Prazas limitadas e asignadas por orde de inscrición.