Inauguración do espacio coworking da High Tech Auto

O venres 16 de abril inaugurouse o espacio coworking da HTA, situado nas instalacións do Consorcio Zona Franca de Vigo, en Bouzas. Desde ese mesmo día os participantes da I Edición da incubadora poderán acudir a este espazo para traballar nos seus proxectos.

 

A inauguración formou parte da celebración do día do Emprendemento e ó acto asistiron representantes dos dez proxectos que conforman a primeira edición da HTA; así como o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades; a subdirectora de oficina de Galicia Emprende de Igape, Fany Suárez; e o vicepresidente de CEAGA (Clúster de Empresas de Automoción de Galicia), Francisco Yáñez, entre outros asistentes.

 

Francisco Yáñez, que a súa vez é Xerente de TI Fluid Systems Porriño, coñeceu nesta xornada ós diferentes proxectos da HTA e impartiu unha ponencia sobre innovación, emprendemento e dixitalización no Sector de Automoción.