6 proxectos de HTA participan no Startup Day de ViaGalicia

ViaGalicia, programa avanzado de aceleración de iniciativas empresariais promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galiza, celebrou un Startup Day no que participaron 6 proxectos da sede de Vigo.

Os proxectos son:


Vancubic, un innovador sistema de camperización que converte en menos dunha hora a túa furgoneta nun confortable e estiloso fogar sen renunciar ao uso cotián do vehículo.

Certifix, unha entidade encargada de certificar o cumprimento do vehículo coa normativa aplicable tras unha reforma.


DOOROTI, unha ferramenta de xestión intelixente de prazas de garaxe que permite ao propietario realquilala.


Luo Kai Electrics, cuxa misión é alongar a vida das baterías todo o posible. Desenvolve máquinas que permiten a recuperación de baterías de vehículos híbridos e que os talleres poidan ofrecernos este servizo.

VI&GO, que nace coa motivación de contribuír ao desenvolvemento intelixente das cidades mediante mobilidade compartida, conectada e sostible. Ofrece un servizo de Mobility as a Service mediante vehículos eléctricos e Battery as a Service cun sistema de xestión e carga de baterías.

E 5special, unha empresa familiar na que se comercializa roupa, motos e coches inspirados en viaxes, culturas e antigas lendas.

Informarémosvos sobre o avance no proceso de selección.