Así foi o evento de lanzamento da 4ª convocatoria de HTA

O pasado martes 14 de xuño celebrouse o acto de lanzamento da cuarta edición da incubadora de alta tecnoloxía High Tech Auto na sede do consorcio da Zona Franca de Vigo, coa asistencia do delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades; o alcalde de Vigo e presidente do consorcio, Abel Caballero; o vicepresidente e consellerio de Economía, Industria e Innovación da Xunta, Francisco Conde; así como o presidente da Fundación Ceaga, Roberto Cavallo; e a directora de Proxectos Feder da Fundación Incyde, Natalia Vázquez.

O alcalde de Vigo e presidente do consorcio, Abel Caballero, explicou que a incubadora High Tech Auto sitúase como polo de innovación no sector da automoción. Vigo destaca polo seu carácter emprendedor e tamén pola formación de súa Universidade. Engadiu que é difícil atopar unha ciudade cunha cultura de emprendemento como ten Vigo.


A incubadora abriu hoxe as portas da 4ª convocatoria dos seus programas e servizos a estudantes, emprendedores, spin-outs, spin-offs e/ou start-ups, nacionais e internacionais, que teñan un proxecto no sector de automoción e loxística. A convocatoria estará aberta ata o 21 de setembro, podendo facer a inscripción mediante o formulario online na nosa páxina web no apartado "presenta o teu proxecto".