Presentación da incubadora High Tech Auto

A incubadora High Tech Auto de Galicia está especializada no sector do automóbil. Isto representa unha oportunidade para promover a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial do sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria do automóbil a través de vehículos de transferencia de tecnoloxía.

O seu obxectivo é favorecer a pre-incubación, incubación e post-incubación de ideas e proxectos tecnolóxicos na sua fase inicial ou incipiente para validalos e trasladalos ao mercado do sector da automoción.