Presentación da segunda convocatoria da High Tech Auto

O 7 de abril ás 9:45 horas, a incubadora High Tech Auto realizará un evento de presentación da 2ª Edición do seu programa. Nel participarán os principais representantes das entidades promotoras e colaboradoras do proxecto de incubación de empresas para o sector da automoción e os seus auxiliares.
O programa do evento será o seguinte:
09:45 - 09:55: Benvida , señor David Regades Fernández, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo
09:55 - 10:05: D. Javier Collado, director xeral da Fundación INCYDE
10:05 - 10:15: Presentación técnica High Tech Auto
10:15 - 10:25: Clausura, D. Francisco Conde López, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia
Para acceder ao evento será preciso inscribirse previamente no formulario que se facilita