PREGUNTA A VICENT ROSSO, COFUNDADOR DE BLABLACAR E CONSENTIO

No evento de graduación do xoves 24 de marzo contamos cun invitado especial, Vincent Rosso, que nos veu a contar de primeira man cal é o secreto do éxito como cofundador de Startups como BlaBlaCar e Consentio.

Os proxectos das III edicións da incubadora HTA puideron falar directamente con el e lanzarlle as súas preguntas a través de Twitter co #HTAVincentRosso. Podedes consultar o hashtag nesta rede social para ver os vídeos coa súa resposta.

A pesar de que nos dixera que o seu consello é "non escoitar consellos", coñecer de primeira man a súa experiencia emprendendo foi unha verdadeira inspiración para todos. Coa súa intervención esperamos que moitos emprendedores cargásense de forzas, ganas e ilusión por seguir traballando e confiando no seu proxecto.

Desde a HTA dámoslle as grazas a Vincent Rosso por dedicar o seu tempo para axudar a emprendedores dos que estamos seguro que moitos seguirán o seu camiño.