GRADUACIÓN DOS PROXECTOS DA I EDICIÓN DE HTA

Desde a incubadora High Tech Auto levamos un ano traballando de xeito conxunto con cada un dos proxectos da I Edición. Vímolos fallar e crecer, innovar, pasar dificultades, xerar oportunidades… En definitiva, vivir o camiño do emprendedor.

O seu inicio foi difícil xa que tiveron que facer parte do seu programa de forma totalmente en liña e non tiñan a outros compañeiros nos que verse reflectidos.

Con todo, deron o mellor de si para sacar o seu proxecto adiante. Aproveitaron cada taller, estiveron na lonxa de financiamento, en eventos como a Mindtech e mesmo algúns foron recoñecidos con premios.

O xoves 24 de marzo celebrarán que completaron o programa xunto cos compañeiros do resto de edicións e coa participación inspiracional de Vincent Rosso, cofundador de BlaBlaCar e Consentio.

A pesar de finalizar o programa, os que o desexen poderán iniciar a súa post-incubación e seguir aproveitando todos os espazos físicos da incubadora.