A INCUBADORA HTA PARTICIPA NA COLMEA DE IDEAS DA UVIGO

A través da Colmea de Ideas os alumnos da Universidade de Vigo poderán dar resposta aos retos propostos por un total de 14 empresas como son:
- Zendal
- Spica Sistemas audiovisuales
- PanelShip
- HTA High Tech Auto Incubadora
- Davmac
- ZZinKLab
- Welgood
- Somos Terra
- Kauman
- Montajes Fiver SL
- CZ Vaccines
- Fidelia
- Fundaciones Roberto Rivas
- Estela
Desde a incubadora High Tech Auto participamos na Colmea de Ideas buscando dar solución a novas formas de aplicar tecnoloxías da mobilidade ao sector de automoción e compoñentes.
Se che gustaría presentar o teu TFG ou TFM como proxecto de emprendemento e buscar a solución dalgún dos retos, podes inscribir o teu traballo antes do 18 de febreiro.