O PROXECTO SOUND AUTO REÚNESE CON DOLBY

O proxecto Sound Auto da II Edición de HTA desprázase a Madrid para ter unha reunión con Dolby Laboratories. Nesta reunión puideron visitar as instalacións dun estudo certificado e participar nunha xornada con grandes discográficas internacionais.
Este proxecto pretende unha estandarización das tecnoloxías implementadas nos sistemas de son dos automóbiles e ser o novo modelo de experiencia de usuario en canto ao son na automoción.
Neste campo están a comezar a producirse os primeiros contactos con grandes fabricantes do automóbil.
Desde a High Tech Auto celebramos enormemente poder ver como avanzan os proxectos nados na incubadora.