BENVIDA AOS PROXECTOS DA III EDICIÓN

O mércores 2 de febreiro de 2022 celebrouse a xornada de presentación da nova edición de HTA, onde os proxectos da III Edición puideron coñecer o funcionamento da incubadora e tiveron un par de minutos para presentar a súa idea ante o resto.

Nesta xornada participaron:

  • Antonio da Cruz - Director de EOSA para falar sobre o programa da incubadora
  • Rosa Monteaguado Villar de CEAGA - Clúster de Empresas de Automoción de Galicia
  • Fany Suárez - Subdirectora de Oficina de Galicia Emprende do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica)
  • Dr. Heiko U. - Coordinador de HTA

Ademais, Adrián Marnotes Rodríguez de VI& GO Mobility, Antonio Piñeiro de Truck MMS e Marcos Vázquez Silva de Sound Auto contáronnos a súa experiencia e lembraron a importancia de aproveitar cada segundo dentro da HTA.

Desde a High Tech Auto estamos moi contentos pola ilusión que mostraron todos os proxectos ante esta nova etapa. A partir de agora esperamos moito esforzo, traballo e implicación para poder converter as súas ideas nun modelo de negocio real.