A INCUBADORA HTA ATÓPASE EN FASE DE SELECCIÓN PARA A SÚA 3º EDICIÓN

O pasado 15 de decembro púxose fin ao prazo para presentar candidaturas na 3º edición da High Tech Auto. Desta maneira, a incubadora entrou na fase de selección dos proxectos para a súa nova edición.

Nun primeiro momento, o comité técnico de selección foi o encargado de revisar todas as candidaturas recibidas para a 3º edición da HTA e convocar á fase de entrevistas aos candidatos preseleccionados.

Nestas entrevistas, que terán unha duración aproximada de 25 minutos, os candidatos poderán expoñer as súas ideas ante o comité técnico os próximos días 13 e 14 de xaneiro.

Aqueles proxectos que superen esta fase serán os seleccionados para participar no Start-Up Day, evento que terá lugar o 21 de xaneiro. Coa celebración do Start-Up Day os proxectos poñerán a proba as súas competencias en liderazgo, creatividade, negociación e traballo en equipo a través de diferentes dinámicas.

Desta maneira, o obxectivo final do Start-Up Day é que os candidatos gocen dunha xornada divertida á vez que facilitan ao xurado a selección dos proxectos que finalmente pasarán a formar parte da 3º edición da High Tech Auto.