Evento lanzamento 3ª Edición da High Tech Auto

O pasado mércores 6 de outubro, na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo, levouse a cabo o evento presencial e online que marca o inicio da 3ª Edición da High Tech Auto. O evento de presentación contou cas intervencións de David Regades Fernández, delegado do Estado en Zona Franca; Javier Collado, Director Xeral da Fundación INCYDE e Francisco Conde López, Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.

 

No evento de lanzamento participou tamén Jorge Gómara, representante do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, CEAGA, así como de dous proxectos incubados nas dúas edicións anteriores: Minacro e VI&GO.  Ademáis, o acto contou ca presencia de Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña; Jorge Cebreiros, Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra; José García Costas, Presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcia de Arousa, así como representantes das distintas universidades galegas e outras entidades como CTAG, ENERGYLAB ou AGEINCO.

 

Este evento supón o punto de partida para a 3ª Edición da incubadora High Tech Auto. Nas próximas semanas búscase seleccionar os 10 proxectos que pasarán a formar parte desta nova edición, aportando innovación e tecnoloxía ó sector da automoción. Para isto, ábrese o periodo de convocatoria a emprendedores, spin-outs, spin-offs e/ou start-ups, nacionais e internacionais, que teñan unha idea ou proxecto relacionada con este sector e queiran participar na nova edición. A convocatoria estará aberta ata o próximo 3 de decembro, puidendo realizar a solicitude co formulario de inscripción que se atopa dispoñible no apartado "Presenta o teu proxecto" da nosa web.