4 proxectos de HTA foron seleccionados na aceleradora de ViaGalicia.

Os proxectos Certifix, Luo Kai Electrics, Dooroti e Vancubic xa están listos para ser acelerados.

Empezarán na fase da academia na que analizarán a proposta de valor e modelo de negocio, validaranos e consolidarán mediante formación práctica, experimentos lean e networking.

Xa na fase de aceleradora recibirán fondos a medida que alcancen fitos do plan de acción establecido individualmente co equipo de mentores e durante 9 meses traballarán conxuntamente no espazo coworking de ViaGalicia con titoras semanais, mesas redondas e sesións de networking.

Esperamos que teñades moita sorte nesta nova etapa.