Hackaton sobre mobilidade inclusiva

Esta fin de semana colaboramos con a Universidade de Vigo para celebrar 3 Days 4 Future, un programa intensivo de emprendemento en mobilidade inclusiva que se enmarca no proxecto HEI4Future. Este evento estará centrado no desenvolvemento de ideas de negocio e a creación de comunidades de persoas emprendedoras. Que se busca co evento? 
 

Desenvolver ideas innovadoras e utilizar ferramentas de design thinking 
Mellorar a rede de contactos 
Construír prototipos físicos e dixitais 
Identificar e segmentar perfís de clientes 
Validar as hipóteses de mercado e identificar as métricas de valor 
Recibir feedback de mentores e clientes e pivotar unha e outra vez ata encaixar 
Deseñar estratexias de márketing 
Organizar o traballo en equipo 
Crear presentacións con impacto e realizar o Elevator Pitch fronte a un xurado 
 
O evento realizarase desde a tarde do 18 de novembro ata a mañá do domingo 20 en Vigo, na sede de Zona Franca na rúa O Porto.