Ampliación de convocatoria

A convocatoria para a IV Edición da High Tech Auto foi ampliada ata o 3 de outubro, data límite para inscribir proxectos de automoción e mobilidade. 

Chegada a data límite (3 de outubro), seleccionaranse os 10 proxectos que formarán parte da IV Edición, onde os incubados terán acceso a todos os beneficios da HTA, coma o Autolab, un laboratorio de fabricación e servizos dixitais, formación e mentorización personalizada por expertos do sector, acceso a espazos de traballo, networking con empresas e centros tecnolóxicos, obradoiros de fomento da innovación, ou acceso a financiamento e de internacionalización.

Dende HTA animámosvos a participar nunha edición chea de sorpresas, que promete ser apaixoante e divertida como foron as últimas. Lembra: data límite o 3 de outubro. ¿A que esperas? Podes inscribirte en https://htauto.gal/es/presenta-tu-proyecto?convocatoria=2