PRESENTACIÓN DA III EDICIÓN DE HTA CON CEP Y ASIME

O 22 de novembro realizarase un evento de presentación da 3ª Edición da High Tech Auto en colaboración coa CEP (Confederación de Empresarios de Pontevedra) e ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia)
Será un evento mixto (presencial e en liña) no que se detallarán as oportunidades e vantaxes que ofrece a incubadora aos proxectos participantes, o proceso para inscribirse na nova edición da HTA e contaremos co testemuño dun caso de éxito da edición anterior.
O programa do evento será o seguinte:
12:30 – 12:40 Benvida Jorge Cebreiros, Presidente CEP e David Regades, Delegado do Estado da Zona Franca de Vigo
12:40 – 13:05 Características 3ª Edición HTA, Heiko Unzalu, Coordinador HTA
13:05 – 13:10 Caso de éxito de edicións anteriores
13:10 – 13:15 Fany Suarez, Subdirectora de Oficina Galicia Emprende, Igape
13:15 – 13:25 Preguntas audiencia
13:25 – 13:30 Despedida Enrique Mallón, Secretario Xeral ASIME