Evento de presentación da III Edición de HTA cos centros de Formación Profesional

O vindeiro luns 8 de novembro realizarase un evento en liña de presentación da 3ª Edición da High Tech Auto no que nos acompañarán os centros de Formación Profesional. No evento detallaranse as oportunidades e vantaxes que ofrece a incubadora aos proxectos participantes, o proceso para inscribirse na nova edición da HTA e contaremos co testemuño dun caso de éxito da edición anterior.
O programa do evento será o seguinte:
10:30 - 10:35 Benvida Carlos Vázquez Mariño, Subdirector Xeral de Formación Profesional.
10:35 - 11:00 Características 3ª Edición HTA, Heiko Unzalu, Coordinador HTA
11:00 -11:05 Caso de éxito HTA: Antonio Piñeiro, Truck MMS
11:05 - 11:10 Fany Suarez, Subdirectora de Oficina Galicia Emprende, Igape
11:10 - 11:20 Preguntas audiencia
11:20 - 11:25 Despedida Carlos Vázquez Mariño, Subdirector Xeral de Formación Profesional