Start Up Day II Edición

O 26 de xuño de 2021 celebramos o Start- up Day desta II Edición de HTA

Os proxectos que pasaron a fase de entrevistas asistiron a esta xornada que se celebrou no Centro de Negocios de Zona Franca en Porto do Molle, Nigrán.

Nela, os candidatos realizaron diversas dinámicas para valorar as súas competencias en liderado, creatividade, negociación ou traballo en equipo . O seu obxectivo é axudar ao xurado para seleccionar aqueles proxectos que formarán parte de II Edición de HTA.

A inauguración foi realizada polo delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades; e o alcalde de Concello de Nigrán, Juan González.

Estiveron acompañados polo director de Competitividade do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Norberto Penedo; e a directora de proxectos Feder da Fundación INCYDE, Natalia Vázquez.

Tamén asistiron responsables de CEAGA - Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, CTAG – Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e Grupo Stellantis.​​​​​​​