AGVLens

AGVLens

Descripción

A necesidade de dixitalización fai necesario o despregamento de  sensórica e comunicacións na industria, pouco versátil e dificilmente escalable.

A integración do  IoT tal e como se expón non só conleva un aumento dos custos pola cantidade de equipos a instalar senón tamén polo tempo de instalación e posta a punto. Grandes industrias con robots móbiles (AGV) utilizan está tecnoloxía para a optimización da loxística, pero están a desaproveitar o dispoñer dun dispositivo que lle permitiría realizar operacións de supervisión e captura de información.

AGVLens xorde como solución optimizar a rede de sensores, conseguindo así unha redución de custos e  flexibilización do sistema.

O proxecto consiste nun sistema de sensores que monitorará zonas e equipos dentro dunha fábrica. Estará instalado encima dun AGV existente en planta e tomará datos de máquinas que estean dentro do seu circuíto.

Os datos albergaranse nunha base de datos e serán consultados por un software que revise o estado de cada elemento antes de dar unha alarma. Mediante aprendizaxe automática acabarase de axustar ás distintas contornas onde se instalará.