EVENTO DE PRESENTACIÓN DA NOVA EDICIÓN DA HTA NOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

O vindeiro venres 30 de abril realizarase un evento en liña de presentación da 2ª Edición da High Tech Auto organizado coa Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta de Galicia para os centros de Formación Profesional. No evento detallarase as oportunidades e vantaxes que ofrece a incubadora aos proxectos participantes, así como o proceso para inscribirse na nova edición da HTA.

O programa do evento será o seguinte:

10:30 – 10:35 Benvenida José Luis Mira Lema - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

10:35 – 11:00 Características 2ª Edición HTA, Heiko Unzalu, Coordinador HTA

11:00 – 11:05 Fany Suarez, Subdirectora da Oficina Galicia Emprende, Igape

11:05 – 11:15 Preguntas audiencia 

11:15 – 11:20 Peche Carlos Vázquez Mariño - Subdirector Xeral de Formación Profesional

INSCRIBIRME