De estudante da uVigo a ser emprendedor coa incubadora HTA

O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnos das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñería de Telecomunicación, Industriais e Minas da Universidade de Vigo. Este proxecto ten por obxectivo facilitar o achegamento laboral das empresas aos futuros titulados de corte técnico da Universidade.
Neste vídeo podemos ver a participación da High Tech Auto na conferencia do Foro Tecnolóxico titulada: De estudante da uVigo a ser emprendedor coa incubadora HTA.
Os ponentes da xornada foron:
- Maruxa Álvarez - Directora da área de Emprego e Emprendemento, Universidade de Vigo
- Heiko Unzalu - Dinamización e xestión en High Tech Auto
- Proxecto VI&GO - Marta Álvarez e Ignacio Iglesias
- Proxecto Navia 3d - Rita Pérez e Simón Fernández
- Proxecto Dooroti - Pablo Guillán