20 Abril, 2020 | Novas

O Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI) a través do programa NEOTEC apoiará con 25 millóns de euros en subvencións a empresas de base tecnolóxica.

O obxectivo deste programa é o fomento da tecnoloxía e a innovación para o desenvolvemento das empresas, e esta nova convocatoria ocuparase do financiamento de novos proxectos que procedan de empresas pequenas que destaquen pola súa innovación. As subvencións que se concedan serán financiadas polo CDTI cos seus propios fondos, e destinarase ao financiamento de ata o 70% dos proxectos empresariais que opten ao programa e que teñan un mínimo para financiar de 175.000 euros. Cada subvención, iso si, poderá ser dun máximo de 250.000 euros.

As compañías cuxos proxectos poderían ser subvencionables deben estar constituídas -como máximo- nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo da convocatoria e dispoñer dun capital social de polo menos 20.000 euros.

Estas axudas do CDTI son compatibles con outras subvencións e axudas que reciban as empresas que se presenten á convocatoria, xa sexan de entidades privadas ou públicas e diversas Administracións.

O prazo de solicitude para a presentación que se abre o 17 de abril o prazo e concluirá o 30 de xuño de 2020. As solicitudes realizaranse a través da sede electrónica do CDTI.

https://sede.cdti.gob.es/AreaPublica/home.aspx