CONTIDO DE BASES E CONVOCATORIA

A Incubadora High Tech Auto é unha iniciativa promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1 A incubadora High Tech Auto

A Incubadora High Tech Auto é unha iniciativa promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 % dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 PO e o eixe 3 (Mellorar a competitividade das pemes), obxectivo temático 3 (Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas), e a prioridade de investimento 3.ª (Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros). 

Todo isto farase en consonancia coa resolución do 16 de maio de 2018 da Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (Fundación Incyde), pola que se resolve a convocatoria para proxectos de “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”, nas comunidades autónomas de Estremadura, Principado de Asturias, Galicia, Murcia e Cataluña.

A incubadora High Tech Auto de Galicia

Unha incubadora de empresas proporciona un espazo ou ambiente físico no que as persoas emprendedoras poden desenvolver as súas iniciativas empresariais e acceder a ferramentas, recursos, contactos, capacitacións e relacións que necesitan para crecer e desenvolver a súa capacidade de xestión no mercado local, nacional e internacional. Así, catapúltanse iniciativas mediante a xeración dunha nova perspectiva e actitude empresarial, vista desde o punto de vista da innovación.

Neste sentido a incubadora High Tech Auto de Galicia, especializada no ámbito da automoción, supón unha oportunidade para favorecer a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial deste sector e do sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria do automóbil a través de vehículos de transferencia de tecnoloxía, como, por exemplo, os seguintes:

  1. Xeración e validación de ideas e proxectos empresariais
  2. Impulso de proxectos conxuntos de I+D+i
  3. Creación de empresas de base innovadora como vehículo de transferencia tecnolóxica
  4. Creación de empresas de base innovadora, que ben poden ser spin-offs (start-ups) ou spin-outs con orixe no tecido investigador ou empresas externas que valoricen resultados de investigación
  5. Transferencia de tecnoloxías a micropemes e outras empresas que poidan incorporalas aos seus modelos de negocio e permitan a maduración e a aceleración destas.

Complementariedade coa BFA

A BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia); o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Activo S.C.R. (Vigo Activo), a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e o Grupo PSA.

Un dos aspectos innovadores que incorpora a incubadora é a integración, nos seus obxectivos e metodoloxías de traballo, de procesos e mecanismo que permitan orientar as iniciativas empresariais incubadas cara á aceleradora de emprendemento Business Factory Auto (BFA). Neste sentido coordinarase con este programa como fórmula de impulso dos proxectos que alcanzaron a etapa de maduración e consolidación. Deste xeito acelerarase a súa transferencia ao mercado e mellorarase a súa competitividade. 

Por tanto, a metodoloxía específica de incubación e transferencia de tecnoloxía deseñada para a Incubadora High Tech Auto é complementaria coa metodoloxía BFA e está especialmente orientada a captar iniciativas empresariais en etapas temperás de maduración que, tras o seu paso pola Incubadora High Tech Auto de Galicia, poidan posteriormente incorporarse á BFA, sempre e cando o comité de selección de proxectos o estime oportuno, ao tratarse de proxectos cunha maior capacidade e condicións de aceleración, para así explorar dunha forma máis rápida o seu potencial para a súa posible incorporación ao sector da automoción. 

ITINERARIO DA INCUBADORA HIGH TECH AUTO DE GALICIA 

1.1 Como funciona a Incubadora High Tech Auto?

A Incubadora High Tech Auto de Galicia ten como obxectivo favorecer a preincubación, incubación e postincubación de ideas e proxectos tecnolóxicos en fase de semente ou incipiente co obxectivo de validalos para posteriormente construír un modelo de negocio innovador arredor dela. 

O obxectivo é dotar das condicións necesarias e suficientes para constituír un proxecto empresarial que sexa acelerable a través de servizos que faciliten a transferencia de tecnoloxías mediante creación de empresas tecnolóxicas.

Para iso establécense dentro da incubadora tres fases:

Preincubación: nesta fase traballarase con iniciativas empresariais que están nunha fase moi incipiente. Búscanse ideas ou tecnoloxías que necesiten analizar a súa viabilidade e encaixe no sector da automoción.

Incubación: trátase dunha fase orientada a construír o modelo de negocio das iniciativas empresariais co obxectivo de facilitar as condicións necesarias para ser comercializables e saír ao mercado. Ao finalizar esta fase, e se así o estiman oportuno os incubados e o comité de selección da BFA, os proxectos poderán ser incorporados ao programa da Business Factory Auto.

Postincubación: esta última fase está dirixida a que os proxectos incubados que non teñan a madurez suficiente para ser acelerados poidan continuar durante un espazo temporal limitado na incubadora. Isto permitirá o aloxamento destes e dotalos de servizos máis soft para reorientalos ao mercado e facelos comercializables.

1.2 Programa e servizos integrados na incubadora

Para o desenvolvemento e a dinamización das fases descritas, a Incubadora High Tech Auto de Galicia define un programa de alto rendemento que combina un conxunto de servizos de formación, titorización, coaching, mentorizaxe, internacionalización e apoio no acceso a financiamento externo, orientados a cada unha das iniciativas empresariais (ideas, produtos, proxectos…), que buscan favorecer a transferencia de tecnoloxía ao sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria do automóbil:

  • Espazo para a incubación das iniciativas empresariais
  • Programas específicos para a cooperación tecnolóxica e o acceso á internacionalización das iniciativas empresariais incubadas
  • Laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción da Incubadora High Tech Auto
  • Formación tecnolóxica e titorización para probar os produtos no laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción da Incubadora High Tech Auto
  • Programa de fomento do acceso a financiamento externo por parte dos proxectos emprendedores incubados
  • Accións de mellora da competitividade de iniciativas empresariais incubadas, como, por exemplo, as seguintes:
    • Programas de fomento da innovación
    • Formación especializada en creación e consolidación empresarial no sector da automoción, así como formación tecnolóxica
    • Actuacións de mentorizaxe
    • Validacións tecnolóxicas 
    • Obradoiros demostrativos
    • Actuacións de networking

Este programa estará dinamizado por un equipo de mentores, titores e validadores técnicos/tecnolóxicos que traballarán, xunto coas persoas emprendedoras, no desenvolvemento dos seus proxectos durante cada unha das fases da incubadora. 

1.2.1 Detalle dos programas 

1.2.1.1 Obradoiros de fomento da innovación

A primeira fase da incubadora, ou preincubación, está orientada a fomentar a xeración e o desenvolvemento das ideas innovadoras ou madurar as tecnoloxías nunha fase inicial que necesitan transformarse para ser comercializables a través da creación de start-ups e spin-offs.

Para isto establécese un conxunto de dez obradoiros que reforzarán as iniciativas empresariais seleccionadas, o que permitirá o salto de “idea” a “proxecto empresarial”:

  1. Carteira prospectiva de necesidades no sector da automoción
  2. Laboratorio de fabricación e servizos dixitais de automoción (tipo FABLAB)
  3. Pasarela tecnolóxica: conexión entre emprendedores, centros tecnolóxicos e universidades
  4. Banco de TFG con potencial de emprendemento no sector auto
  5. Unidade de vixilancia tecnolóxica e competitiva no sector da automoción
  6. Obradoiros de design thinking e de creatividade para a innovación
  7. Hibridación de tecnoloxías no sector da automoción
  8. Contraste mercado en fase temperá da innovación
  9. Matching tecnoloxías – grupos de investigación
  10. Automotive channel
1.2.1.2 Programas formativos e de mentorizaxe

A Incubadora de Alta Tecnoloxía do Sector da Automoción conta con oito programas formativos e de mentorizaxe dirixidos a favorecer a preincubación, incubación e consolidación de iniciativas empresariais incubadas:

  1. Academia de alta tecnoloxía do sector da automoción
  2. Píldoras de formación ad hoc
  3. Mentores de negocio
  4. Mentores de mercado – sector
  5. Mentores tecnolóxicos
  6. Innocoach
  7. Demolabs automotive
1.2.1.3 Programa de internacionalización

Desenvolverase un programa para a cooperación tecnolóxica internacional e a internacionalización das persoas emprendedoras e as micropemes incubadas.

  • Cooperación transfronteiriza
  • Formación e titorización
  • Formación no proceso de internacionalización
  • Titorización personalizada e desenvolvemento do plan de internacionalización
  • Recoñecemento e control competitivo, coaching e mentoring
  • Axilizar o proceso de internacionalización
  • Accións específicas para a captación de talento
1.2.1.4 Programas de networking  

Para favorecer o networking das iniciativas empresariais incubadas, a Incubadora de Alta Tecnoloxía do Sector da Automoción promove un ambicioso programa orientado a establecer contactos entre os distintos stakeholders asociados a eles:

  • BFA
  • Centros tecnolóxicos
  • Grupos de investigación
  • CEAGA e outros clústers empresariais
  • Empresas do sector
  • Empresas auxiliares
  • Administración pública
  • Outros emprendedores
  • Provedores tecnolóxicos

Crearanse tantos programas de networking como as relacións que se queiran establecer cos distintos stakeholders e estableceranse de forma prioritaria os seguintes oito programas:

  1. Foro anual de emprendemento tecnolóxico en automoción
  2. Speed-dating emprendedores en automoción
  3. Eventos de portas abertas cos centros tecnolóxicos asociados á incubadora
  4. Workshops de grupos de investigación
  5. Visitas a empresas do sector da automoción
  6. Xornadas de cocreación no sector da automoción
  7. Afterworks tecnolóxicos con especialistas do sector
  8. Showrooms de provedores tecnolóxicos

1.2.2 Acceso a financiamento

A Incubadora High Tech Auto de Galicia conta co apoio de diferentes entidades financeiras, fondos de investimentos e empresas de capital risco que buscarán apoiar financeiramente e mediante investimento directo ás iniciativas empresariais incubadas.

Para favorecer o acceso a financiamento e canalizar o apoio destas entidades propóñense cinco programas concretos:

  1. Sistema de alertas sobre fontes de financiamento e subvencións con titor en liña
  2. Lonxa anual de financiamento do sector da automoción
  3. Obradoiros de simulación e negociación financeira
  4. Afterworks con axentes do sistema galego de financiamento do emprendemento e de innovación
  5. Asesoramento en materia de proxectos europeos, nacionais e rexionais para innovación no sector do automóbil

1.2.3 Laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción

Ademais, a Incubadora High Tech Auto contará cun laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción para promover e facilitar a transferencia tecnolóxica, que aglutinará equipamento tecnolóxico e dixital destinado a validar os produtos e os servizos das iniciativas incubadas, ou madurar e adaptar o desenvolvemento destes a empresas do sector e as súas auxiliares.

1.2.4 Servizos postincubación 

Esta última fase está dirixida para que as iniciativas empresariais incubadas que, finalizada a fase de incubación, non teñan a madurez suficiente para ser comercializables ou estar en condicións de ser orientadas ao programa de aceleración da BFA.

Nesta fase, se así o estiman oportuno os incubados e o órgano de xestion da incubadora conformado por el CZFV y el IGAPE, daráselle aloxamento na incubadora durante un espacio temporal limitado (12 meses) e os dota de servizos máis soft para reorientalos ao mercado e facelos comercializables:

  • Acceso aos espazos virtuais e físicos da incubadora
  • Participación nos programas de networking

1.3 Espazo de incubación 

O programa desenvolverase de forma provisional na sede do Consorcio na Zona Franca de Bouzas en Vigo ata que se finalice a construción do complexo World Car Center, que será a sede permanente da Incubadora High Tech Auto e estará situado na Avenida Alcalde Portanet de Vigo.

Todas as iniciativas empresariais participantes estarán situadas nas mesmas instalacións. Este espazo de incubación compartido favorecerá a creación dun ambiente propicio para o bo desenvolvemento do proxecto e a cocreación, que contará ademais con salas individuais a disposición de todos os proxectos para celebrar reunións ou outros eventos se así o requiren.

Cada unha das iniciativas poderá estender a súa estancia na incubadora ata 24 meses, dos cales 12 están asociados á duración do programa de servizos de incubación e os outros 12 á prolongación da estancia no espazo de traballo se así o estima oportuno o proxecto incubado e o órgano de xestión da incubadora.

O uso dos espazos da Incubadora High Tech Auto estará sometido a unhas normas e regulamentos de uso tal e como se explica no apartado “Normas e regulamentos de uso da Incubadora High Tech Auto”. 

2. Bases de participación 

As bases que aquí se despregan teñen por obxecto establecer os termos e as condicións de participación do programa e informar sobre as características deste.

O obxectivo do programa é favorecer a preincubación, incubación e postincubación de ideas e proxectos de alta capacidade tecnolóxica, orientándoos cara ai fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes.

A participación no programa rexerase polas condicións que se especifican a continuación e que inclúen os criterios de elixibilidade para participar, os criterios de selección para designar os participantes, o contido das propostas e outras condicións. 

As datas previstas nestas bases son orientativas e susceptibles de modificacións. Os prazos e as fechas definitivos publicaranse na web do programa www.htauto.gal 

2.1 Requisitos de elixibilidade

O programa está aberto a todas as iniciativas emprendedoras de carácter innovador vinculadas co sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria do automóbil, xa sexa en produto/servizo, en procesos e/ou no modelo de negocio, ou tecnoloxías.

Os requisitos mínimos de acceso ao programa serán os seguintes:

  • Poden acceder tanto persoas físicas como xurídicas.
  • Cada proxecto deberá estar representado por, como mínimo, unha persoa que será a encargada de participar nas actividades e os programas da Incubadora High Tech Auto de Galicia
  • Todos os membros do equipo promotor deberán ser maiores de idade.
  • Cada participante poderá participar en cantas candidaturas estime oportuno, coa limitación de que só optará á elixibilidade dunha única candidatura.
  • Os promotores deberán ser os autores intelectuais das ideas que presentan ou, no seu defecto, non facer uso de propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros sen os permisos correspondentes.
  • O equipo promotor solicitante deberá asignar, polo menos, unha persoa como representante permanente do proxecto ao longo de todas as fases do programa. Posteriormente existirá a posibilidade de que participe unha persoa adicional que poderá variar en función do tipo de actividades.
  • A Incubadora High Tech Auto é compatible con outros programas de incubación e aceleración.
  • A persoa representante permanente do proxecto ao longo de todas as fases do programa de incubación non poderá participar en ningún caso noutros programas de similares características (aceleración/incubación). Neste sentido as iniciativas empresariais participantes deberán asignar unha nova persoa diferente ás que teñen asignadas a outros programas.

Para que un proxecto sexa elixible, os representantes da iniciativa empresarial deberán adherirse aos seguintes compromisos: 

  • Aceptar e cumprir as bases do programa. 
  • Garantir que a información facilitada para a súa admisión e as posteriores fases é fidedigna. 
  • Notificar os cambios significativos relacionados coa composición do equipo promotor, a entrada de novos socios na capital social, denominación, marcas e logos, así como calquera outra información substancial do proxecto, durante a vixencia do programa incluída a fase de seguimento posterior a este.
  • Asistir obrigatoriamente e participar de forma activa en todas as actividades do programa, polo menos, por parte da persoa que represente de maneira permanente o proxecto.
  • Colaborar nas diferentes actividades de promoción do programa.
  • Garantir a entrega de toda información adicional que se lles poida requirir ao longo da vixencia do programa e durante o período de acompañamento posterior a este.
  • Conforme ao establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE (Regulamento (UE) 2016/679), a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais e da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, os participantes dan o seu consentimento para que tanto as imaxes gravadas no transcurso do programa, como os seus datos de carácter persoal, sexan obxecto de tratamento por parte do Consorcio Zona Franca de Vigo con CIF V- 36.611.580 e do Instituto Galego de Promoción Económica con CIF Q6550010-J conforme ao disposto no punto 2.5 do presente documento (Protección de datos persoais), así como a que se fagan públicas as devanditas imaxes través dos medios que o CZFV e o Igape consideren conveniente, co obxecto de dar difusión e promoción ao programa.
  • En caso de constatarse durante o desenvolvemento do programa que o equipo promotor das iniciativas empresariais non cumpre cos compromisos asinados, o CZFV e o Igape resérvanse o dereito a esixir o cumprimento destes e, de non ser así, procederase á exclusión do proxecto da Incubadora High Tech Auto de Galicia. 
  • Garantir o dereito de explotación da tecnoloxía na cal se apoia o proxecto. Se a propiedade intelectual pertence a un terceiro, o equipo promotor deberá presentar documentación do titular na que se acredite a cesión do dereito de explotación da devandita tecnoloxía e as condiciones de uso.
  • Garantir que se fan responsables de calquera reclamación sobre propiedade intelectual ou utilización de información de dominio privado, para manter indemnes as entidades promotoras ante calquera posible reclamación.
  • Ter unha presenza continuada de, como mínimo, un membro do equipo promotor, no espazo de incubación da Incubadora High Tech Auto de Galicia.
  • Para acceder á fase de post incubación, as iniciativas empresariais comprométense a constituir unha sociedade e a establecer a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ao finalizar a fase de incubación.

O programa comprométese a cumprir cos principios de fomento da igualdade de xénero e o principio de non discriminación á hora de valorar o acceso das iniciativas empresariais.

2.2 Incompatibilidades

Non poderán presentar candidaturas las iniciativas empresariais con persoal vinculado ás entidades con representación no Comité Técnico do Programa, nin tampouco persoal vinculado ás entidades colaboradoras no deseño e/ou a execución do programa nesta edición. 

2.3 Revelación de información 

Os representantes das iniciativas empresariais participantes consenten, como norma xeral, a utilización dos datos básicos do proxecto presentado durante os procesos de avaliación previstos nestas bases. 

Así mesmo, a aceptación destas bases autoriza o CZFV e o Igape á utilización do logotipo, nome da empresa ou calquera outro tipo de soporte audiovisual desenvolvido ou gravado no transcurso do programa, en todas as actividades de difusión e comunicación que consideren oportunas, con independencia do medio ou formato utilizado. 

2.4 Comunicacións 

Todas as notificacións relativas ao desenvolvemento do programa, incluída a relación das iniciativas empresariais seleccionadas, publicaranse na web www.htauto.gal e estarán dispoñibles para a súa consulta no rexistro do Consorcio Zona Franca de Vigo, en Bouzas. Calquera outra notificación de tipo individual comunicarase a través do correo electrónico ou número de teléfono co que se efectuou o rexistro na web, ou naquel que con posterioridade sexa facilitado polo representante permanente da empresa para a mencionada finalidade.

2.5 Protección de datos persoais 

De conformidade coa normativa en materia de protección de datos, infórmase de que os datos facilitados polos participantes a través da presentación das súas iniciativas empresariais serán tratados polo Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) e polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en calidade de responsables do tratamento.

Neste sentido, a través do presente documento, o CZFV e o Igape informan que os datos que os participantes faciliten serán tratados coa finalidade de avaliar e valorar as iniciativas presentadas, de xestionar a participación no programa e de difundilo e facer promoción pública deste. Por outra parte, co fin de alcanzar o obxectivo de promover e divulgar o programa, prevese a realización e a toma de imaxes durante os diferentes actos que se desenvolverán durante a vixencia deste, de forma que se procederá á publicación destas, así como dos datos relativos ás diferentes iniciativas presentadas. A devandita publicación levarase a cabo a través dos diferentes medios de comunicación titularidade dos promotores do programa, isto é, sitios web, redes sociais e/ou revistas ou xornais en papel ou dixitais.  

Por outra parte, infórmase de que os seus datos poderán ser tratados coa finalidade de mantelo informado sobre outras actividades, programas, actos ou eventos xestionados polo CZFV e o Igape relacionados co sector tecnolóxico e do automóbil. 

O CZFV e o Igape non recollerán, utilizarán ou revelarán información persoal para outros propósitos que non sexan os descritos anteriormente, a non ser que os participantes dean o seu consentimento ou haxa algunha obriga legal ao respecto.

En caso de que, a través da participación no programa, se faciliten datos de carácter persoal relativos a terceiros diferentes dos que presenta o proxecto, o participante comprométese a, previo á comunicación dos datos, informar os titulares dos datos dos extremos incluídos na presente cláusula, e absterse de incluílos en caso de non obter o seu consentimento ao respecto. 

Non se prevén cesións ou comunicacións de datos salvo as que se requiran para a tramitación da partición no programa, como poden ser a entidades aseguradoras, entidades financeiras ou bancarias ou administracións públicas. Así mesmo, convén incidir no carácter público que se lles dará ás participacións co fin de divulgar e promover o programa.

Os datos tratados conservaranse ao longo da duración do programa, así como, mentres sexan necesarios para darlles difusión ás actividades e aos proxectos do CZFV e o Igape, independentemente dos prazos de prescrición establecidos legalmente e mentres duren estes prazos para o exercicio das accións correspondentes. 

Por outra parte, infórmase de que os participantes poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixíndose, por calquera medio que permita acreditar o envío e a recepción, ao CZFV no seguinte enderezo: lopd@zonafrancavigo.es. Para obter información adicional ao respecto, pode consultar a política de privacidade do CZFV en www.zfv.es .

En proba de conformidade, a simple presentación ou participación no programa, supón a aceptación dos termos recollidos no presente documento e, especialmente, na presente cláusula de protección de datos.

2.6 Reclamacións

Para a interpretación e o cumprimento destas bases, o Comité Técnico e as persoas participantes no programa someteranse á aplicación das leis españolas.

Toda controversia derivada da interpretación ou execución do presente documento será resolta directamente polas partes. Para este efecto, comprométense a realizar, de boa fe, os maiores esforzos para a solución consensuada das súas controversias, atendendo á común intención expresada neste. Establécese un prazo máximo de quince (15) días hábiles, contados a partir da data en que calquera das partes dea aviso por escrito á outra respecto de calquera reclamación, sen que a falta de resposta por parte desta suspenda o prazo antes sinalado.

Todo litixio, controversia ou reclamación resultante deste documento ou da súa interpretación que non se resolvese de acordo co establecido no apartado precedente, así como o relativo ao incumprimento, resolución ou nulidade, solucionarase mediante arbitraxe, que se levará a cabo na cidade de Vigo. O laudo arbitral será definitivo e inapelable, e renunciarase a calquera recurso dispoñible contra el.

2.7 Normas e regulamentos de uso da Incubadora High Tech Auto

O programa desenvolverase de forma provisional na sede Consorcio na Zona Franca de Bouzas en Vigo, cuxo enderezo é Área Portuaria de Bouzas, s/n, 36208 Vigo, Pontevedra, ata que se finalice a construción do complexo World Car Center, que será a sede permanente da Incubadora High Tech Auto de Galicia e estará situado na avenida Alcalde Portanet de Vigo.

Todas as iniciativas emprendedoras ou proxectos de carácter innovador vinculadas co sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria da automoción que fosen elixidos para participar no programa da Incubadora High Tech Auto de Galicia terán a condición de beneficiarios das instalacións da incubadora. 

Esta conta cos espazos e os equipamentos necesarios para favorecer a incubación e o desenvolvemento das iniciativas empresariais incubadas:

  • Espazo de incubación compartido (coworking) para favorecer un ambiente propicio para o bo desenvolvemento do proxecto e a cocreación.
  • Salas individuais a disposición de todos os proxectos para celebrar reunións ou outros eventos se así o requiren.
  • Laboratorio de fabricación e servizos dixitais de automoción (tipo Fablab) para promover e facilitar a transferencia tecnolóxica, que aglutinará equipamento tecnolóxico e dixital destinado a validar os produtos e os servizos das iniciativas incubadas, ou madurar e adaptar o desenvolvemento destes a empresas do sector e as súas auxiliares.

Por tanto, para a explotación e o uso deste débese contar cun regulamento para a súa utilización, que ten como obxectivo regular o funcionamento da incubadora e, en particular, dos espazos compartidos e do laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción.

As normas aquí recollidas teñen o carácter de Regulamento de Réxime Interno e son de obrigado cumprimento para as iniciativas empresariais e as persoas que fan uso dos espazos e as instalacións asignados á incubadora, co fin de harmonizar e organizar as actividades que se desenvolvan nel e clarificar os dereitos e as obrigas de cada usuario en relación co parque empresarial e coas demais persoas usuarias.

Obxectivos do regulamento, alcance e procedemento de modificacións

Os obxectivos principais que se perseguen con este documento son:

  • Establecer os dereitos, obrigas e condicións das persoas usuarias dos espazos que integran a incubadora. 
  • Velar polo seu correcto uso co fin de promover un bo mantemento e conservación.
  • Controlar o acceso aos espazos da incubadora para cumprir co establecido en relación con persoas usuarias e ocupantes.
  • Establecer as normas internas de funcionamento do viveiro e controlar o cumprimento destas.

En cuanto ao alcance, pódese concluír que as presentes normas serán de obrigado cumprimento para todas as persoas usuarias da incubadora. Do mesmo modo, as prohibicións, limitacións e responsabilidades de uso serán aplicables a estes.

Por último, en caso de ser necesario, o CZFV e o Igape encargaranse da aprobación e a modificación do presente Regulamento, o cal poderá ser modificado cando, para garantir o bo funcionamento da incubadora e dos seus espazos, se estime necesario.

Dereitos de uso

  • Unha vez publicada a admisión das iniciativas empresariais participantes na Incubadora High Tech asinarase un contrato de cesión de uso entre o CZFV e os representantes das iniciativas empresariais.
  • Para o uso das salas individuais e do laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción,será necesario cubrir e enviar o formulario de solicitude de uso deste con, polo menos, 24 horas de antelación á hora de entrada neles. No mencionado formulario, deberán especificarse as horas de uso, dentro do horario establecido da incubadora, co fin de promover a colaboración e o bo uso común dos espazos e, desta forma, poida ser utilizado por máis persoas.
  • Só se poderá acceder aos espazos da incubadora no horario establecido. En casos excepcionais, xustificados e aprobados polo CZFV poderá ampliarse este horario. 
  • Calquera instalación da incubadora debe ser utilizada pola persoa que solicitase e que transmitise a aprobación de uso desta.
  • O acceso a todas as instalacións da incubadora será gratuíto durante o tempo en que as iniciativas empresariais se encontren participando no programa. 
  • As persoas beneficiarias poderán ter acceso a instalacións de maneira permanente ou temporal baixo solicitude, como salas, oficinas ou o laboratorio.
  • Do mesmo modo, terán dereito a acceso aos espazos privativos ou zonas comúns.
  • As persoas beneficiarias poderán facer uso do equipamento e o material de laboratorio, e poderá introducir outro tipo de material, con solicitude previa.
  • O material consumible necesario para a impartición dos programas formativos serán proporcionados pola Incubadora High Tech Auto. O equipo promotor deberá proporcionar o material necesario que se desexe utilizar no horario de uso libre do laboratorio. 

Horarios

As persoas usuarias e ocupantes da incubadora desenvolverán a súa actividade dentro do horario establecido polo CZFV. 

Fóra do horario establecido, estará prohibido o acceso a toda persoa, usuaria ou non, da incubadora, agás autorización expresa e excepcional.

Réxime disciplinario 

O uso de todas as instalacións mencionadas estará sometido ás normas que a continuación se especifican: 

  • As persoas usuarias terán o deber de coidar, respectar e manter a orde de todo o mobiliario, material, equipos e infraestruturas dispoñibles na incubadora, co fin de promover o bo uso e goce do resto de usuarios e ocupantes.
  • As persoas usuarias deberán ocupar e exercer a súa actividade normal no espazo asignado para eles, e poderán utilizar, ademais, o laboratorio e as salas individuais.
  • As persoas usuarias non poderán ceder o emprego do seu espazo a terceiros.
  • O contrato de cesión de uso do espazo realizarase por 12 meses, que se poderán prorrogar outros 12, sempre e cando sexa para o mesmo proxecto e por decisión do CZFV e do Igape.
  • Á finalización do contrato, a persoa usuaria deixará libre o espazo no prazo máximo de 15 días a contar desde a data do seu vencemento.
  • As persoas usuarias respectarán e axustaranse aos horarios de uso da incubadora e deberán desenvolver a súa actividade dentro do horario establecido no presente regulamento.
  • Para o uso do laboratorio as persoas usuarias deberán cumprir as normas específicas establecidas polo CZFV para tal efecto. 
  • Para o laboratorio e as salas individuais, a persoa usuaria deberá presentar o xustificante de reserva deste, realizada cunha antelación de 24 horas, así como respectar o horario e a data programada para a súa sesión de traballo.
  • A persoa usuaria do laboratorio e das salas individuais deberá presentar unha conduta apropiada dentro del e facer un uso correcto do material e das instalacións e respectar o traballo do resto de usuarias/os.
  • O uso de material e equipos que o CZFV poña a disposición das iniciativas empresariais participantes será gratuíto ata finalización do programa. A persoa usuaria deberá exercer un bo uso deste e asegurarse de deixalo limpo e en condicións para que poida ser utilizado posteriormente, por ela ou por outros.
  • En caso de querer introducir materiais propios, deberá notificarse e ser aprobado.
  • A persoa usuaria deberá notificar calquera estrago ou mal funcionamento que perciba nos equipos ou materiais.
  • A persoa usuaria deberá seguir as medidas de seguridade necesarias cos equipos, materiais e outros equipamentos que se utilizan para previr calquera tipo de accidente.
  • Non se poderán inxerir alimentos nin bebidas no interior do laboratorio.
  • Estará prohibido fumar no interior das instalacións da incubadora.
  • A persoa usuaria deberá levar a vestimenta apropiada no interior do laboratorio en caso de ser necesario.
  • A persoa usuaria deberá facer un bo uso dos obxectos de seguridade como caixas de urxencias ou extintores.
  • A persoa usuaria ten o deber de coñecer as normas de uso de todas as instalacións.

Réxime económico: gratuidade durante o proxecto

O acceso aos espazos da incubadora será totalmente gratuíto para todas as persoas que se encontren desenvolvendo un proxecto elixido para a participación do programa Incubadora High Tech Auto de Galicia. Do  mesmo modo, a utilización de todo o equipamento do laboratorio será gratuíta e deberá usarse dentro del.

2.8 Fases do programa

As fases para o desenvolvemento do conxunto de actividades que conformarán a Incubadora High Tech Auto de Galicia serán as seguintes:

  • Convocatoria e selección
  • Fase 1: Preincubación
  • Fase 2: Incubación 
  • Fase 3: Postincubación

Nos ata 12 meses que integra o programa (máis a posibilidade doutros 12 meses de postincubación) combinaranse metodoloxías áxiles de fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía para que as persoas participantes validen a súa idea.

Este enfoque permitirá validar ideas cun elevado potencial de crecemento, o que, xunto coa colaboración de titores e mentores de recoñecido prestixio no sector de automoción, xerará o espazo idóneo para o desenvolvemento das iniciativas empresariais innovadoras no sector, atraendo talento e fomentando un ecosistema emprendedor, onde se poidan xerar sinerxías e colaboracións con outras entidades.

Proxectarase un conxunto de programas orientados a prestar servizos facilitadores de transferencia. Os proxectos incubados participarán en programas de fomento da innovación, sesións de mentorizaxe e formación; sesións grupais, sesións individuais adecuadas ás necesidades de cada unha; sesións de networking; de fomento do acceso a financiamento e programas de internacionalización.

De maneira detallada, cada unha destas fases contén un conxunto de actividades que se desenvolverán en paralelo e que son as seguintes:

Convocatoria e selección

  • Publicación das bases da convocatoria
  • Prazo de inscrición
  • Avaliación
  • Selección

FASE 1. Preincubación

Programas de fomento da innovación

  • Carteira prospectiva de necesidades no sector da automoción
  • Laboratorio de fabricación e servizos dixitais de automoción (tipo FABLAB)
  • Pasarela tecnolóxica: conexión de emprendedores, centros tecnolóxicos e universidades
  • Banco de TFG con potencial de emprendemento no sector da automoción
  • Unidade de vixilancia tecnolóxica e competitiva no sector da automoción
  • Obradoiros de design thinking e de creatividade para a innovación
  • Hibridación de tecnoloxías no sector da automoción
  • Contraste do mercado en fase temperá da innovación
  • Matching tecnoloxías – grupos de investigación
  • Automotive channel

Programas formativos e de mentorizaxe

  • Academia de alta tecnoloxía do sector da automoción
  • Pílulas de formación ad hoc
  • Mentores de negocio
  • Mentores de mercado – sector
  • Mentores tecnolóxicos
  • Innocoach
  • Demolabs automotive

Programa de internacionalización

Programa para a cooperación tecnolóxica internacional e a internacionalización de emprendedores e micropemes incubadas.

Programas de networking

  • Foro anual de emprendemento tecnolóxico en automoción
  • Speed-dating emprendedores automoción
  • Eventos de portas abertas cos centros tecnolóxicos asociados á incubadora
  • Workshops de grupos de investigación
  • Programa de visitas a empresas do sector da automoción
  • Xornadas de cocreación no sector da automoción
  • Afterworks tecnolóxicos con especialistas do sector
  • Showrooms de provedores tecnolóxicos

FASE 2. Incubación

Acceso a financiamento

  • Programa de sistema de alertas sobre fontes de financiamento e subvencións con titor en liña
  • Programa de lonxa anual de financiamento do sector da automoción
  • Programa de obradoiros de simulación e negociación financeira
  • Programa de afterworks con axentes do sistema galego de financiamento do emprendemento e a innovación
  • Programa de asesoramento en materia de proxectos europeos, nacionais e rexionais para innovación no sector da automoción

FASE 3. Postincubación

  • Aloxamento 12 meses
  • Servizos comúns (xornadas, showrooms, seminarios…)

3. Convocatoria e selección

3.1 Inscrición

A solicitude de participación das persoas emprendedoras e as empresas farase de maneira exclusiva a través do formulario de candidatura dispoñible na sección en liña especificamente deseñada para o efecto no seguinte enderezo web: www.htauto.gal 

O prazo será de 75 días a contar desde o día posterior á publicación da convocatoria.

O formulario estará dispoñible durante a totalidade do prazo de inscrición e só se aceptarán os formularios de candidatura recibidos dentro do mencionado prazo. Enviarase un correo electrónico de confirmación a todas as candidaturas que se presentasen correctamente en prazo e forma. 

A información solicitada só poderá presentarse a través da web do programa.

En caso de dúbidas sobre o proceso, as persoas participantes poderán poñerse en contacto co CZFV, na central telefónica [+34] 986 269 726 ou no enderezo de correo electrónico incubadora@zonafrancavigo.com.

3.2 Contido da candidatura en liña

A memoria que se debe presentar terá o seguinte alcance distribuído nos seguintes apartados. A presentación da candidatura deberá facerse obrigatoriamente a través da web www.htauto.gal.

  1. Datos da persoa de contacto (teléfono, enderezo de correo electrónico, situación)
  2. Persoa/s que participará/n na incubadora (nome, apelidos e documento de identidade) 
  3. Enderezo web do proxecto (se existe)
  4. Enderezo do perfil de redes sociais (se existe)
  5. Identificación da empresa (en caso de estar constituída)
  6. MEMORIA DE CANDIDATURA:
    • TÍTULO DO PROXECTO [máx. 20 caracteres]
      Nome comercial ou marca coa que se quere dar a coñecer o proxecto
    • RESUMO EXECUTIVO [máx. 250 caracteres]
      Breve descrición dos aspectos máis relevantes do proxecto
    • DESCRICIÓN [máx. 2000 caracteres por apartado]:
      • OPORTUNIDADE DE NEGOCIO
        Definición clara da oportunidade de negocio detectada en forma de problema non resolto ou necesidade non satisfeita para o potencial cliente.
      • TECNOLOXÍA UTILIZADA
        Breve descrición da tecnoloxía utilizada, se é o caso. 
      • ELO DA CADEA DE VALOR OBXECTIVO
        A que elo da cadea de valor da industria de automoción se dirixe (automoción, auxiliar de compoñentes, servizos avanzados …).
      • ALTERNATIVAS ACTUAIS
        Que alternativas actuais ofrece o mercado para solucionar os devanditos problemas ou para cubrir estas necesidades?
      • SOLUCIÓN PROPOSTA
        Definición clara de cal é a solución ao citado problema ou necesidade
      • MERCADO OBXECTIVO
        A que nicho de mercado se dirixe e cal é o perfil do cliente potencial? Quen é o early adopter? Cal é o tamaño do devandito mercado e cal a previsión de crecemento futuro? 
      • PROPOSTA DE VALOR
        Qué proposta de valor incorpora a solución para cada tipoloxía de nicho de mercado ou cliente potencial?
      • COMPETENCIA
        Cal é o perfil dos principais competidores? Cales son os pros e os contras da proposta en relación con cada un deles? Cales son as principais barreiras de entrada?
      • MODELO DE NEGOCIO
        Cal é o modelo de negocio que se propón inicialmente para monetizar o proxecto?
      • ESTADO DO PROXECTO
        Cal é o estado de desenvolvemento actual do proxecto? Validouse problema? Validouse a solución? Validouse o perfil dos early adopters que comezarán a usar a solución? Validouse de maneira inicial a estratexia de monetización? Existe capacidade para desenvolver un MVP durante ol transcurso do programa?
    • EQUIPO DO PROXECTO
      Quen o conforma? Experiencia, formación e motivacións dos promotores para levar a cabo o proxecto. 
  7. Anexos que engadan valor á candidatura
    • Vídeo demostrativo
    • Presentacións
    • Aplicacións
    • Arquivo en formato pdf que inclúa información que axude a reforzar a candidatura do proxecto: planos, maquetas, debuxos, fotos, imaxes, gráficos de tendencia e evolución de mercado etc. 
    • Outros
  8. Cadro de aceptación da cesión de datos das persoas participantes conforme ás bases da convocatoria publicada. “Aceptación da cesión de datos conforme ás bases da convocatoria da Incubadora High Tech Auto”.

3.3 Avaliación e selección

3.3.1 Avaliación xeral

Tras a finalización do prazo de recepción de solicitudes, levarase a cabo un proceso de revisión documental das candidaturas e a solicitude de correccións, se procede.

As candidaturas serán avaliadas polo Comité Técnico do Programa, de acordo coa Lei 40/2015, formado por persoal técnico do CZFV e do Igape e, polo menos, unha persoa especialista externa a este.

Así mesmo, o Comité Técnico poderá incorporar membros especialistas adicionais co obxecto de ser asistidos nas súas decisións.

Os criterios específicos que se terán en conta á hora de avaliar as candidaturas serán os seguintes:

  • Grao de incubación, entendido como a capacidade para desenvolver o proxecto nun prazo inferior a 12 meses.
  • Grao de innovación do proxecto presentado, entendida a innovación a existencia de elementos diferenciais que inclúe.
  • Grao de relevancia, entendida como a candidatura dun proxecto nun sector como o da automoción e as súas auxiliares e que contribúa á dinamización do tecido empresarial da comunidade autónoma.
  • Grao da tecnoloxía, servizo e produto proposto, en función da potencialidade e a realidade de desenvolvemento desta e de utilidade para el tecido empresarial da automoción e as súas auxiliares da comunidade autónoma.
  • Grao de solidez do equipo, considerando, por un lado, as habilidades e as competencias de cada un dos membros de forma individual e, por outro, o seu carácter multidisciplinar e o seu grao de complementariedade, de maneira que este sexa capaz de deseñar, incubar, executar e xestionar o seu proxecto. Ademais, neste apartado tamén se valorará o grao de compromiso e a dedicación dos promotores.

Como criterio de avaliación complementario o comité técnico poderá solicitar unha entrevista coa persoa asignada como representante da empresa co obxectivo de fortalecer a valoración da súa candidatura. 

Unha vez terminado este proceso, publicarase a listaxe das iniciativas empresariais por orde alfabética. O número máximo de iniciativas empresariais seleccionadas nesta fase de avaliación inicial será de 20, que pasarán ao evento de defensa presencial do proxecto (Día da selección final: evento de avaliación de candidatos), que determinará as 10 iniciativas empresariais participantes que formarán parte finalmente da incubadora. 

A información das empresas e as iniciativas emprendedoras manexarase de forma confidencial para non prexudicar os intereses dos proxectos. 

3.3.1.1 Avaliación vinculada a programa do Día da selección final: evento de avaliación de candidaturas

Igual que na fase de avaliación inicial, o Comité Técnico será o encargado de seleccionar entre os 20 proxectos participantes no evento “Programa Día da selección final: Evento de avaliación de candidatos”, as 10 iniciativas empresariais participantes que formarán parte da incubadora.

Nesta fase, cos vinte proxectos seleccionados da fase anterior, perseguirase o obxectivo de avaliar as habilidades persoais e as competencias dos promotores en función dos resultados dunha serie de exercicios e dinámicas de grupo.

  • Liderado
  • Comunicación
  • Traballo en equipo
  • Capacidade de negociación
  • Creatividade

Valorarase adicionalmente o grao de complementariedade e o carácter multidisciplinar do equipo, de cara a posibilitar o desenvolvemento dun equipo perfectamente balanceado, así como a experiencia profesional e emprendedora previa.

Posteriormente a este evento, publicarase na web do programa a listaxe das iniciativas empresariais admitidas no programa por orde alfabética. 

3.4 Duración do programa 

Para o desenvolvemento e a dinamización das fases descritas, a Incubadora High Tech Auto de Galicia define un programa de alto rendemento de 24 meses de duración (12 incubación + 12 post incubación) que combina un conxunto de servizos de formación, titorización, coaching, mentorizaxe, internacionalización e apoio no acceso a financiamento externo, orientados a cada unha das iniciativas empresariais, que buscan favorecer a transferencia de tecnoloxía ao sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria do automóbil.

3.5 Localización: espazo de incubación

O programa desenvolverase de forma provisional na sede do Consorcio na Zona Franca de Bouzas en Vigo ata que se finalice a construción do complexo World Car Center, que será a sede permanente da Incubadora High Tech Auto e estará situado na avenida Alcalde Portanet de Vigo.

Todas as persoas participantes estarán situadas nas mesmas instalacións. Este espazo de incubación compartido favorecerá a creación dun ambiente propicio para o bo desenvolvemento do proxecto e a cocreación, que contará ademais con salas individuais a disposición de todos os proxectos para celebrar reunións ou outros eventos se así o requiren.

Ademais a Incubadora High Tech Auto contará cun laboratorio de fabricación e servizos dixitais de automoción para promover e facilitar a transferencia tecnolóxica, que aglutinará equipamento tecnolóxico e dixital destinado a validar os produtos e os servizos das iniciativas incubadas, ou madurar e adaptar o desenvolvemento destes a empresas do sector e as súas auxiliares.

Cada unha das iniciativas empresariais poderá estender a súa estancia na incubadora ata 24 meses, dos cales 12 están asociados á duración do programa de servizos de incubación e os 12 seguintes, correspondentes á fase de postincubación, que consistirán na prolongación da estancia no espazo de traballo se así o estima oportuno o proxecto incubado e cumpra o compromiso de constituír unha sociedade e dispoñer de sede social na Comunidade Autónoma de Galicia nos prazos esixidos tal e como se establece no apartado dedicado aos criterios de elixibilidade.

O uso dos espazos da Incubadora High Tech Auto estará sometido a unhas normas e uns regulamentos de uso, tal e como se explica no apartado dedicado a eles. 

4. Calendario previsto

A duración prevista para o desenvolvemento de todas as actividades previstas na aceleradora ascende a 12 meses.

Convocatoria e selección 75 días dende a publicación da convocatoria
FASE 1. Preincubación
MES 3 – 12
FASE 2. Incubación MES 3 – 12
FASE 3. Postincubación MES 12 – 24