Abinco Factory

Abinco Factory

Descripción

¿Qué é AbincoFactory?

É unha plataforma que facilita a interacción cos operarios e clientes a través de Monitores de Cartelería Dixital e Quioscos Táctiles situados en zonas estratéxicas das Plantas de Produción.

A nosa visión é ofrecer unha plataforma de referencia na dixitalización das comunicacións dentro das plantas de produción.

Listas reproducción

Cal é a orixe de AbincoFactory?

Todas as plantas de produción seguen utilizando as tradicionais Cortizas ou Paneis Informativos para divulgar información de diferentes ámbitos:

  • Información sobre Prevención de Riscos Laborais.
  • Información Administrativa (horarios, quendas, asignación de traballos diarios…etc.)
  • Información de Normativas.
  • Información sobre a Propia Empresa.
  • Información de Convenios.
Monitorización

Todo isto séguese utilizando hoxe en día en moitas das empresas que temos nos nosos arredores. Estes espazos de información son completamente estáticos e analóxicos. Por iso o noso obxectivo inicial en AbincoFactory, para dixitalizar as comunicacións en planta, é a DIXITALIZACIÓN DA CORTIZA.

Isto permítenos transformar estes elementos nunha ferramenta moito máis dinámica e atractiva que permita captar a atención das PERSOAS a través de contidos multimedia.

Pantillas

Para o proceso da Dixitalización da Cortiza desenvolvéronse os módulos xerais da aplicación AbincoFactory. PERO ISTO SÓ É O INICIO…. Quedan moitas áreas de mellora no que respecta a as comunicacións dixitalizadas dentro das plantas produtivas, por iso dispoñemos de módulos específicos que van mellorando cada área sensible de ser optimizada. Aquí é onde entran en xogo os Módulos Específicos da Plataforma AbincoFactory:

  • MÓDULO DE EXPEDICIÓNS: Con este novo módulo dixitalízase o proceso de entrada e saída loxístico dunha expedición. Polo que se visualiza en diferentes monitores o estado en que se atopan as diferentes expedicións, e xéranse os diferentes reportings que permitan a toma de decisións e mellora nos procesos loxísticos da empresa analizando os tempos destinados a cada fase das entradas e saídas das expedicións.
  • MÓDULO RECUNCHO DO EMPREGADO: Para a comunicación dos diferentes departamentos da empresa cos operarios e viceversa, creouse un módulo específico que permita interactuar co sistema para realizar diferentes trámites relacionados con:
    • Trámites administrativos (solicitudes de vacacións, consulta de horarios semanais…etc.)
    • Validación de visualización de contidos relacionados con Prevención de Riscos Laborais.
kiosco


AbincoFactory enfócase na mellora dos procesos de comunicación dentro das plantas polo que se irán engadindo novas funcionalidades e mellorando as xa existentes para dar unha solución a esta problemática que permita mellorar os tempos e eficiencia nos procesos de comunicación.